Un concerto de cine e emocións da Real Filharmonía de Galicia (RFG) en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Baldur Bronniman. O 27 de setembro de 2024 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) celebramos un concerto de película, cun repertorio de música de cine. Un concerto de dúas partes musicais asociadas a dúas emocións básicas: a tristeza e a alegría. Tomamos 850 mostras biolóxicas de sangue e 850 mostras de saliva do público asistente. Utilizamos dispositivos de última xeración, sensores sen fíos de Mediaprobe, para rexistrar a variabilidade do ritmo cardíaco e a actividade electrodérmica de 260 participantes, que levaron estes dispositivos na man durante todo o concerto. E tamén puidemos recoller 350 mostras de bágoas entre o público asistente.
Grazas á colaboración de asociacións de pacientes como Agadea, Sarela e Ames Miastenia.
Repertorio Sensoxenoma24
Parte I
Michael Nyman (1944), O Piano: To the Edge of the World.
Ennio Morricone (1928-2020), Cinema Paradiso: Tema principal
John Williams (1932), Star Wars: Tema da princesa Leia
Samuel Barber (1910-1981), Adagio
John Williams (1932), A lista de Schindler: Tema principal
John Barry (1933-2011), Memorias de África: I had a farm in África
Parte II
Aram Khatchaturian (1903-1978), Masquerade: Vals
Leonard Bernstein (1918-1990), On the Town: Times Square 1944
John Philip Sousa (1854-1932), Liberty Bell
Paul Dukas (1865-1935), O aprendiz de bruxo
Johann Strauss (1825- 1899), O Danubio Azul
John Williams (1932), Star Wars: Tema principal
John Williams (1932), Star Wars: A Marcha Imperial