Sensoxenómica é unha liña de investigación emerxente que xurdiu en 2017 no contexto dos grupos de investigación GenPoB e GenVip do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, que conta con máis de 40 investigadores e unha ampla rede de colaboradores nacionais e internacionais, involucrando institucións de renome como o Imperial College London, Genomic Institute of Singapore, Oxford Gene Technology, Ospedale Pediatico Bambino Gesú, PENTA Fondazione, Oxford University, Bristol University, etc.
Dende hai máis de 15 anos, estes grupos GenPoB e GenVip traballan de maneira coordinada en diversos ámbitos da investigación científica, sempre cun forte compoñente multidisciplinar, e en liñas centradas no enfoque ‘tod-ómico’ (integrando disciplinas como a xenómica, epixenómica, transcriptómica, proteómica, inmunosecuenciación, bioloxía celular, edición xénica, etc.) das enfermidades utilizando tecnoloxías de vangarda.
Tamén desenvolveu e desenvolve máis de 110 ensaios clínicos que incluíron máis de 2000 suxeitos. O grupo de investigación GenPoB/GenVip foi recoñecido como de excelencia, conformando a única unidade de España co recoñecemento INSPIRE Award en vacinas. O grupo de investigación participou nos últimos anos en ensaios clínicos de diferentes candidatos a vacinas para pneumococo, VPH, meningococo, virus da gripe, VRS, entre outros.
Con un factor de impacto superior a 5000 (JCR 2021), tecnoloxías de última xeración e acceso a fondos e financiamento competitivo, estes grupos de investigación sitúanse na primeira liña da investigación no ámbito internacional. Actualmente, o grupo desenvolve seis proxectos financiados polo Instituto de Saúde Carlos III e oito macroproxectos europeos, un fito ao alcance de moi poucos grupos de investigación e que obxectiva a proxección e competitividade do grupo.
Sensoxenómica ten actualmente proxectos de investigación abertos con grupos directamente implicados no proxecto en Francia, Bélxica, Italia, Reino Unido, etc. En 2019, Sensoxenómica establece unha estreita colaboración coa Real Filharmonía de Galicia (RFG), unha institución de recoñecido prestixio internacional no campo da música. A simbiose creada no marco da colaboración entre IDIS e a RFG representa un fito de colaboración multidisciplinar de enorme éxito. Así, Sensoxenómica é un proxecto absolutamente único a nivel mundial que se asenta sobre unha sólida base científica formada pola medicina (con especial incursión nas neurociencias e a psiquiatría) e outras ramas das ciencias da saúde (psicoloxía) ademais da xenética. No ámbito educativo/cultural é ben recoñecida a importancia da música e a súa conexión coa saúde (por exemplo, nas súas teses sobre afectos e emocións, estados de ánimo, ansiedade, etc.). O grupo de investigación global Sensoxenómica é a columna vertebral do esforzo multidisciplinar de músicos, musicólogos, psicólogos, xestores culturais, historiadores, educadores, docentes de primaria, secundaria e universitarios, pediatras, neurólogos, xenetistas, enfermeiros, farmacéuticos, bioinformáticos, matemáticos, etc.
IDIS Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago
“O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) é un centro de investigación biomédica de marcado carácter traslacional que aproveita as sinerxías do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para impulsar, promover e fomentar a investigación de excelencia, o coñecemento científico e tecnolóxico e a súa posterior traslación ao sector produtivo, así como a docencia e a formación, sempre cun obxectivo claro: mellorar a saúde da poboación. Na actualidade, 1161 persoas integran 99 grupos de investigación, organizados á súa vez en 6 áreas de investigación.”
Investigador Principal (IP) de Xenética en Biomedicina (GenPoB) e co-IP en GenVip. Xenetista
Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
IP do Proxecto Sensoxenoma
Investigador Principal (IP) do Grupo de Investigación GenVip. Pediatra
Xefe do Servicio de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
IP do Proxecto Sensoxenoma
Doutora en Educación Musical. Musicóloga
Coordinadora do Proxecto Sensoxenoma
Farmacéutica
Coordinadora de ensaios clínicos e bioética
Xenetista/Biólogo
Responsable de laboratorio e analista bioinformático
Xestión de persoal e administración
Presidente da Xunta de Galicia.
Rector da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Conselleiro de Sanidad de la Xunta de Galicia.
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Conselleira de Política Social e Xuventude – Xunta de Galicia.
Directora do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) de Santiago de Compostela.
Directora da Fundación do Instituto de Investigación Sanitaria (FIDIS).
Presidente da Real Academia de Medicina de Galicia.
Xerente del Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
Directora titular da Orquesta Sinfónica Portuguesa.
Ex-Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación – Xunta De Galicia.
Ex-Conselleiro de Sanidade – Xunta de Galicia.
Universidade Complutense.
Hospital Monte Sinaí.
Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana.
Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana.
International Child Health- Imperial College London.
Ospedale Pediátrico Bambino Gesú.
Universidad de Padova.
Universidad de Pavia.
Kunming Institute of Zoology – Chinese Academy of Science.
Universidad de Glasgow.
Imperial College London.
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Universidade de Huddersfield.
ESMAE / Schola Cantorum Basiliensis.
Real Filharmonía de Galicia (RFG).
Fundación RIA.
Mugaritz.
Mugaritz.
© 2024 Creado Por 7 Clicks Para Sensogenomics. Todos Os Dereitos Reservados.