Sensoxenoma

Xenómica e música, unidas por primeira vez para loitar contra a enfermidade.

A sensoxenómica

Unha nova disciplina da ciencia xenómica que busca investigar como os estímulos sensoriais impactan no noso xenoma (ADN), buscando as bases moleculares que subxacen á activación da nosa información xenética. O termo foi descrito por primeira vez por Laura Navarro, Federico Martinón-Torres e Antonio Salas na revista Genes (2021) no artigo ‘Sensogenomics and the Biological Background Underlying Musical Stimuli: Perspectives for a New Era of Musical Research’.

Queres saber máis?

Nunha primeira aproximación experimental, estudamos o efecto da música na maneira na que se modifica a expresión dos nosos xenes. Para iso, recollemos mostras biolóxicas de centos de persoas antes e despois dun estímulo experimental (por exemplo, nos concertos experimentais) e analizamos as moléculas de ARN que xorden froito da expresión do ADN. Os estímulos realízanse nun contorno controlado. Por exemplo, nos concertos experimentais de Sensogenoma (Sensogenoma22, Sensogenoma23…), o público acode a un concerto de música clásica cun repertorio interpretado pola Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia; neste contorno, instálanse ducias de postos de enfermería para recoller mostras biolóxicas xusto antes, durante e despois do concerto. Noutros contextos experimentais, recóllense mostras lonxitudinais en períodos máis prolongados, con obradoiros que van desde a interpretación musical, a audición de música ou o canto.

Detrás do proxecto Sensogenoma hai un grupo multidisciplinar de biólogos, xenetistas, matemáticos, bioinformáticos, médicos, enfermeiros, farmacéuticos, músicos, etc. Hai moitas liñas de experimentación abertas, enfocadas na análise doutros biomarcadores (metaxenómica, epixenómica, etc.).

Novas

Descubre as novas máis recentes e relevantes. Non perdas detalle sobre o que está acontecendo no mundo. 

Fai clic na seguiente ligazón e accede ás últimas actualizacións e reportaxes especiais.  

Contacta connosco